Condicións Xerais de Uso

A persoa usuaria deste Sitio Web acepta, plenamente e sen reparo, as disposicións incluídas neste Aviso Legal, na versión publicada pola FUNDACIÓN ODONTOLOXÍA SOLIDARIA, no intre mesmo en que accede ao Sitio Web.

O Sitio Web da FUNDACIÓN ODONTOLOXÍA SOLIDARIA pode ser visitado libremente e a persoa usuaria comprométese a utilizar os seus contidos e servizos en conformidade coa lei, a moral, os bos costumes e este Aviso Legal. A tal fin, a persoa usuaria absterase de utilizar o Sitio Web con fins ou efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos para os dereitos e intereses de terceiras persoas, físicas ou xurídicas.

A FUNDACIÓN ODONTOLOXÍA SOLIDARIA non se responsabiliza dos erros ou omisións dos contidos do Web ou doutros contidos aos que se poida acceder a través del, nin dos danos derivados da utilización do Web, nin de calquera actuación realizada sobre a base da información que nel se ofrece.

 

A FUNDACIÓN ODONTOLOXÍA SOLIDARIA non garante a ausencia de virus ou outros elementos lesivos que puidesen causar danos ou alteracións: no sistema informático, nos documentos electrónicos ou nos ficheiros da persoa usuaria do Sitio Web; e tampouco se responsabiliza dos danos e prexuízos que eses elementos puidesen ocasionar á persoa usuaria ou a terceiras persoas, físicas ou xurídicas.

O Web ten carácter simplemente informativo, de modo que o seu contido poderá ser modificado, ampliado ou suprimido en calquera momento, sen aviso previo.

A FUNDACIÓN ODONTOLOXÍA SOLIDARIA resérvase o dereito de actualizar os contidos do Sitio Web e de os eliminar, ben como de limitar e impedir o acceso aos mesmos, quer sexa temporal quer definitivamente, sen notificación previa.

Todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual do Sitio Web e dos seus contidos (textos, imaxes, deseños, elementos de imaxe de campañas, software, código fonte) pertencen á FUNDACIÓN ODONTOLOXÍA SOLIDARIA. Todos os nomes comerciais, marcas ou outros tipos de signos contidos neste Sitio Web están protexidos pola lei, ficando prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, total ou parcial, sen a autorización explícita da FUNDACIÓN ODONTOLOXÍA SOLIDARIA.

Pin It on Pinterest

Share This
X

Odontoloxía Solidaria utiliza os testemuños de conexión (ou cookies) para mellorar a vosa experiencia no noso sitio web. Ao continuares a usar o noso web, estás a aceptar a instalación de testemuños de conexión, nos termos establecidos na nosa Política de testemuños de conexión. Máis información

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Pechar