Política de actuación en cooperación internacional

Colaboramos no desenvolvemento de programas nos que se cumpren tres condicións:

  • que a solicitude veña da poboación ou comunidade que o precisa,
  • que a tal comunidade participe de modo activo para atinxir o éxito, e
  • que a finalidade da actuación sexa duradeira no tempo e non unha acción puntual.

Como acontece coas tarefas principais da Fundación no Estado español, as nosas accións internacionais céntranse en dous eixos:

  • a promoción da saúde e hixiene bucodental a través da educación, e
  • o tratamento das usuarias e usuarios.

E acrecentamos un terceiro eixo prioritario e fundamental nas nosas accións de cooperación para o desenvolvemento:

  • A formación e capacitación dos equipos profesionais locais que dean continuidade ás actividades.

Trátase de capacitar a comunidade solicitante para que se responsabilice da xestión e auto-coidado da súa saúde bucodental, favorecendo así a súa independencia, e de crear nela hábitos de hixiene saudables que sexan fonte de bocas sas no futuro.

Previa realización dun estudo da situación existente para poder prever a mellor actuación posible; desprázanse odontólogas e odontólogos colaboradores da organización por un período determinado, durante o que se realizarán vistas de atención odontolóxica e/ou se formarán persoas das propias comunidades como promotoras de saúde, en técnicas básicas de prevención e hixiene bucodental.

Procúrase que os proxectos poidan ser sustentables no tempo, de modo que a implicación directa da poboación beneficiaria, como tamén a das autoridades sanitarias e políticas, resultan necesarias

Pin It on Pinterest

Share This
X