MOZAMBIQUE, MANHISA

Coa colaboración da Fundación Manhiça iniciamos en 2006 un proxecto de formación en prevención e educación de saúde bucodental. Para tal, previamente foi feito un pequeno estudo epidemiolóxico no que se detectou un alto índice de caries e algúns problemas coa saúde periodontal (xenxivites).

Ademais dunha odontóloga mozambicana, formáronse mestras e mestres de 46 escolas do país como promotoras/es de saúde oral. Coa axuda de manuais didácticos sobre caries e enfermidade periodontal, a súa prevención e correcta técnica de lavado dos dentes e bos hábitos alimentarios, estas persoas educadoras formaron na materia máis de 13.000 alumnas e alumnos.

A maioría das crianzas de 5 a 12 anos, e mestras e mestres de Manhiça recibiron un cepillo e un dentífrico grazas á doazón de Oral B. O proxecto rematou en 2012.

Pin It on Pinterest

Share This
X