OUTRAS INICIATIVAS

A Fundación ten un importante historial de iniciativas internacionais en:

Europa

* Albania (1999) * Bielorrusia (2005 – 2007) * Bosnia (1997)

Albania, campos de persoas refuxiadas kosovares albanesas (1999)

Con outras entidades da European Dental Solidarity (EDS), actúase en acción de asistencia de urxencia nos campos de persoas refuxiadas kosovares albanesas. Dese Odontoloxía Solidaria envíanse materiais.

Bielorrusia (2005-2007)

En colaboración coa ONG Acció Solidària i Logística. Realizouse un estudo epidemiolóxico das crianzas dalgúns orfanatos, e estudouse a viabilidade dun proxecto de prevención.

Bosnia – Hadizi (1997)

Conxuntamente con CIEMEN, e coa colaboración do Col·legi Oficial d’Odontòlegs i Estomatòlegs de Catalunya. Recollida de material e instalación dunha clínica dentaria no Dom Zdravlja (centro de saúde de Hadizi), e programa preventivo e asistencial de saúde oral na rexión de Hadizi. Apoio económico do Fons Menorquí de Cooperació.


África

* Angola, Provincia de Malange (2003-2007) * Camerún, Nkongsamba (2006) * República Centroafricana, provincia de Bangassou (2009) * Guinea Ecuatorial Cobo (1996) Rexión continental (1998-2002) Proxecto de prótese (1999-2002) * Sahara Occidental, Campamentos RASD en Tinduf Proxecto Hugo Rosetti (1992-2002) Obradoiro de próteses (1992-1997) Proxecto Clínicas móviles (1995) * Serra Leoa Madina, provincia de Tonko Limba (2006–2009) Kamabai, provincia de Makeni (2008–2009)

Angola – Provincia de Malange (2003-2007)

En colaboración co Bispado de Malange e a Orde das Apostólicas do Corazón de Xesús. Realización dun estudo epidemiolóxico, e formación de axentes de saúde bucodental na provincia de Malange. Organízanse palestras para a poboación e fórmanse catorce persoas sanitarias. Tamén se doa material odontolóxico e realízanse algunhas actuacións de emerxencia. Subvencionado por Cooperación Estremeña.

Camerún, Nkongsamba (2006)

viaxe prospectiva para avaliar a viabilidade dun proxecto de saúde bucodental na zona. En colaboración coa Facultade de odontoloxía da Universidade de Barcelona. Financiado pola Universidade de Barcelona.

República Centroafricana, provincia de Bangassou (2009)

Coa colaboración do Bispado de Bangassou organízanse 5 palestras para persoas sanitarias e 50 mestras e mestres sobre prevención de enfermidades e infeccións bucodentais, aproveitando para facer tratamentos cirúrxicos a 70 crianzas e 25 persoas adultas. Subvencionado pola Xunta de Estremadura.

Ghana, Hospital de Binde (2002-2004)

Formación de 2 persoas promotoras de odontoloxía e hixienistas dentais e 1 optometrista. Subvencionado polo Govern Balear.

Guinea Ecuatorial – Cobo (1995)

Programa de formación de persoas promotoras da saúde oral en Cobo.

Guinea Ecuatorial – Rexión continental (1998–2002)

Instálase unha clínica dental completa no Hospital Rexional de Bata, e fanse visitas de recoñecemento e formación de persoas promotoras a 5 hospitais do Distrito da Rexión Continental. Capacítanse axentes de saúde do punto de vista teórico e práctico. Fórmanse 2 persoas sanitarias en técnicas de próteses. Subvencionado polo Concello de Zaragoza e a Deputación Xeral de Aragón.

Guinea Ecuatorial – Bata, proxecto de próteses “A arte de recuperar os sorrisos” (1999–2002)

Equípase con toda a maquinaria precisa un laboratorio de próteses. Subvencionado polo Concello de Zaragoza e a Deputación Xeral de Aragón.

Sahara, Proxecto Hugo Rosetti (1992–2002)

Nos campos de persoas refuxiadas da República Árabe Saharauí Democrática. Programa de saúde oral nas escolas e coa colaboración do persoal destas. Subvencionado polo Govern Balear, Concello de Coslada e o Fons Menorquí de Cooperació.

Sahara, Obradoiro de próteses (1992–1997)

Adaptación, renovación, e mantemento dun obradoiro de próteses. Envíanse materiais (funxibles e non funxibles), instálanse e dáse asesoramento en temas de mantemento e de utilización dos tales materiais.

Sahara, Proxecto Clínicas móviles (1995)

Coordinación e dirección do deseño e fabricación de dúas clínicas dentais móbiles. Subvencionado polo Goberno Canario.

Serra Leoa, Madina, provincia de Tonko Limba (2006–2009)

Formación dunha persoa asistente de clínica para introducir na prevención e a aplicación do Fluoroplat, posta en marcha dun gabinete odontolóxico na misión de Madina, palestras de educación e sensibilización á poboación da zona, e aplicación de tratamentos preventivos e asistenciais odontolóxicos nos poboados de Kamasasa e Malika. En colaboración co Programa dos Misioneiros Xaverianos para a recuperación das Crianzas Soldado.

Serra Leoa, misión de Kamabai, provinia de Makeni (2008–2009)

Proxecto de promoción da saúde oral na provincia, montaxe e posta en funcionamento dun gabinete odontolóxico na misión de Kamabai, organización dun dispensario médico, palestras de educación e sensibilización á poboación da zona e aplicación de tratamentos preventivos e asistenciais médicos e odontolóxicos. Visítanse escolas próximas para ensinar técnicas de lavado de dentes e fórmase unha persoa como asistente de clínica.


América

* Arxentina, provincia de Buenos Aires (2006) * Bolivia Guaraní Izozog (1998-2001) Villa Andrani (2003-2004) Municipio de Corocoro (2006) * Cuba La Habana, Melloramento de Facultade (2000-2002) Santiago de Cuba, Sorrisos Sans (1999-2002) Santiago de Cuba, Melloramento de Facultade (2001-2002) Santiago de Cuba, Fabricación de cariostático(2003-2007) * O Salvador. Comunidade El Espino (2001-2002) * Guatemala Parroquia de Retalhuleu (1997-2002) Chiguaxté, Proyecto Samayac (1996-1997) * México Chiapas, Programa comunidades Ejido Morelia (1996-1997) Oaxaca, Programa comunidades Uciri (1997 – 1999) * Perú, Callao, distritos de Ventanilla e Ancón (2007)

Arxentina, provincia de Buenos Aires (2006)

Viaxe prospectiva para poder estudar a conveniencia e viabilidade dun proxecto coa Fundación Servizo, Paz e Xustiza (SERPAJ, nas súas siglas en portugués e español), nun centro de capacitación xuvenil na zona rural.

Bolivia – Guaraní Izozog (1998–2001)

Programa que ten como obxectivo a atención das necesidades odontolóxicas, a comezar pola atención dentaria básica de urxencia, continuando con tratamentos preventivos, e terminando coa educación en saúde bucodental. Equípase un espazo para a atención dentaria dentro do micro-hospital da comunidade central, La Brecha. Actualmente, o proxecto continúa a funcionar de modo autofinanciado e coa colaboración do Ministerio de Saúde do país. Subvencionado polo Concello de Alarcón.

Bolivia – Villa Andrani

Promoción da saúde bucodental en Villa Andrani (2003 – 2004): en colaboración co parceiro boliviano: Servizo Integral Agropecuario Boliviano (SIAB). Faise un estudo epidemiolóxico e avalíase a pertinencia de desenvolver un programa educativo, preventivo e asistencial de mellora da saúde bucodental. Realízanse varias entrevistas con diversas autoridades e constátase a falta de interese para desenvolver o proxecto, polo que se decide non levalo adiante nestas comunidades. Subvencionado pola Generalitat de Catalunya.

Bolivia, municipio de Corocoro (2006)

Equipamento do Centro de Saúde Bucodental do Hospital de Santa María, no municipio de Corocoro. Realización dunha viaxe para poder traballar co parceiro na planificación dun programa preventivo na zona, a través dun convenio coa Universidade do país.

Cuba – La Habana, Melloramento da facultade (2000-2002)

En colaboración coa Asociación Amicus de Andalucía. Dótase a Facultade de Odontoloxía da Habana con materiais diversos.

Cuba – Santiago de Cuba, Sorrisos Sans (1999–2002)

Demostración científica sobre a utilidade do fluoruro diamínico de prata como material preventivo. Coa colaboracion da Universidade de Granada, a Universidade de Santiago de Cuba e os Laboratorios Naf Argentina. Subvencionado polo Govern Balear. Co asesoramento do dr. Llodra, catedrático de preventiva da Facultade de Odontoloxía de Granada.

Cuba – Santiago de Cuba, Melloramento da facultade (2001–2002)

Dótase a Facultade de Odontoloxía de Santiago de Cuba de recursos materiais (computadores, libros, etc.), constrúese unha sala informática e desenvólvese a campaña “Cuba-Libro”. Subvencionado polo Govern Balear, e coa colaboración de MRW.

Cuba – Fabricación cariostático (2003–2007)

Elaboración de cariostático para ser utilizado exclusivamente coa poboación escolar da rexión de Oriente (provincia de Santiago de Cuba). Subvencionado polo Fons Menorquí de Cooperació.

O Salvador, comunidade El Espino (2001–2002)

En colaboración coa Asociación Promesa, proxecto de mellora da saúde bucodental, fomentando a prevención e a formación do colectivo, desenvolvendo un traballo educativo nas escolas da zona sur do Jucuarán, e zona de San Roque. Subvencionado polo Concello de Talavera de la Reina.

Guatemala – Retalhuleu (1997-2002)

Acondicionamento dun gabinete dentario, dentro dun amplo proxecto para o desenvolvemento da poboación na Parroquia de Retalhuleu. Formación, tamén, do colectivo en saúde bucodental. Coa colaboración de varias empresas, achegas privadas, e o Concello de Burgos. Actualmente o proxecto continúa a funcionar coa supervisión dun odontólogo español que cada ano viaxa para poder facer o acompañamento.

Guatemala – Chiguatxé, Proxecto Samayac (1996–1998)

Programa de saúde bucodental na Escola Mixta de Chiguaxté, proxecto especificamente de prevención baseado na educación para a saúde oral.

México – Chiapas

Programa de saúde oral nas comunidades indíxenas de Ejido Morelia (1996 – 1997): programa de saúde oral en coordinación coas Organizaciones No Gubernamentales por la Paz (CONPAZ), consistente nun proxecto de prevención e formación de persoas promotoras de saúde e asistencia. Subvencionado polo Ajuntament de Granollers e polo Fons Menorquí de Cooperació.

México – Oaxaca

Programa de saúde oral en comunidades indíxenas de Uciri (1997 – 1999): programa de prevención, formación de persoas promotoras de saúde, e apoio en asistencia. Desenvólvese nunha cooperativa cafeteira que xestiona os seus propios servizos de saúde. Subvencionado polo Fons Menorquí de Cooperació.

Perú, Callao (Distrito de Ventanilla e Distrito de Ancón) (2007)

Estudo diagnóstico da situación de saúde oral nas localidades de Angamos (distrito de Ventanilla), e Villas de Ancón (distrito de Ancón) para a proposta posterior dun proxecto de cooperación para o desenvolvemento sanitario e educativo nestas localidades. En colaboración coas relixiosas Fillas de María Nai da Igrexa, congregación fundada pola beata Matilde Téllez. Subvencionado polo COE de Málaga e achegas privadas.


Asia

* India Anantapur (2004–2007) Mungod (2005-2006) Phulbani, rexión de Orissa (2010- ) * Nepal, Catmandú (1999-2004)

India, Anantapur (2004-actualidad)

Proxecto de prevención de enfermidades bucodentais nas escolas da Fundación Vicente Ferrer, á vez que se forman 3 persoas sanitarias para paliar as enfermidades detectadas. Entréganse dous aparellos de limpezas orais por ultrasóns. Subvencionado polo Consell Insular. En colaboración coa Fundación Vicente Ferrer.

India, Mundgod, monasterio de Gaden Shartse (2005 – 2006)

Educación para a saúde nos campos de persoas refuxiadas tibetanas en Mundgod. Proxecto de formación baseado nun estudo epidemiolóxico para poder dar as pautas precisas de vida saudábel, á vez que se diagnostican os diversos tipos de enfermidades bucodentais e se subministran as ferramentas e os coñecementos necesarios para poder tratalas.

India, Phulbani, rexión de Orissa (2010)

Dotación do Centro de Saúde e Hospital en Phulbani, coa instalación dunha cadeira de dentista e a doazón de materiais, formación básica en prevención para as persoas promotoras de saúde e para 52 mestras e mestres de educación non formal dos centros da asociación, e recollida de datos diagnósticos coas fichas da OMS. En colaboración coa ONG Amigas/os de ORISSA. Subvencionado polo COE de Málaga e financiamento privado.

Nepal, Catmandú (1999-2004)

En colaboración coa Vichi Education and Development Foundation Nepal (VEDFON), mellora das condicións de saúde oral de escolares da Daleki Primary School, escola para crianzas sen recursos económicos. Patrocinado por Soler & Palau.

Pin It on Pinterest

Share This
X