O Premio Solidariedade, que outorga o Ilustre Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Valencia (ICOEV), recaeu na edición correspondente a 2017 na Fundación Odontoloxía Solidaria e a Cruz Vermella Española. Cada unha destas entidades recibiu por parte do ICOEV a cantidade de 2.500 euros, que serán destinados aos proxectos sociais de asistencia dental que desenvolven na provincia de Valencia. Dáse a circunstancia de que Odontoloxía Solidaria recebe o Premio á Solidariedade do Colexio valenciano por cuarto ano consecutivo, xa que tamén foi distinguida con este galardón nas edicións correspondentes a 2014, 2015 e 2016.

Na entrega de premios celebrada na sede colexial o pasado xoves 7 de decembro, o presidente do ICOEV, Enrique Llobell, felicitou polo seu traballo ás entidades distinguidas, tanto aos seus dirixentes como de modo moi especial aos profesionais sanitarios voluntarios que forman parte destas organizacións. O proxecto presentado por parte da Fundación Odontoloxía Solidaria centrábase no traballo da Clínica Solidaria de Valencia situada na rúa Balmes da cidade, onde ten presenza desde 1999. O pasado ano 2016, esta clínica atendeu a un total de 1.632 persoas en risco de exclusión social.

Pin It on Pinterest

X