Que é?

Odontoloxía Solidaria é unha entidade que basea a súa actividade social na achega de traballo solidario de persoas voluntarias, profesionais da saúde bucodental que ofrecen o seu tempo de modo altruísta para atenderen usuarias e usuarios das clínicas, tanto co fin de promover a saúde e hixiene bucodental a través da educación, como para realizar os tratamentos.

Desde Odontoloxía Solidaria sempre se concibiu o traballo solidario e social desde un punto de vista global e sentímonos comprometidas e comprometidos con todas as persoas que non teñen acceso a uns servizos odontolóxicos que lles permitan levar unha vida sa e completa. As mesmas voluntarias e voluntarios ofrecen o seu tempo tamén para os proxectos que se desenvolven no ámbito internacional.

Cómpre destacar que Odontoloxía Solidaria encadra a súa actuación na denominada odontoloxía social e comunitaria, que entende que a atención básica inclúe: empastes, endodoncias, limpezas, próteses removibles e raspados.

Pin It on Pinterest

Share This
X