Incidencia

Datos para a incidencia.

Na actualidade existe un amplísimo segmento da poboación que carece dos recursos precisos para exercer o seu dereito á saúde, por ser de elevado custo económico.

A expresión saúde oral fai referencia a todos os aspectos da saúde e funcionamento da boca, e especialmente dos dentes e das enxivas. Ademais de permitir alimentarse, falar e rir, os dentes e as enxivas deben carecer de infeccións que poidan causar carie, inflamación da enxiva, perda dos dentes e mao hálito.

A capacidade de mastigar e tragar a comida é esencial para obter os nutrientes precisos que permiten gozar dun bo estado de saúde. Para alén das consecuencias sobre o estado nutricional, unha má saúde dentaria tamén pode afectar de maneira negativa a capacidade de comunicación e a propia estima. As enfermidades dentarias provocan problemas económicos e sociais debido a que os tratamentos son caros e a que a dor de dentes é causa de baixas na escola e no posto de traballo.

Mais os problemas socioeconómicos non son só unha consecuencia dos problemas bucodentais, senón tamén unha causa. En 2012, máis de 140 delegadas e delegados reuníronse en Bruxelas, no Parlamento Europeo, na I Cimeira Europea sobre Saúde Bucodental, co obxectivo de analizaren a estratexia e política de saúde oral até 2020 no continente. Durante esta cimeira fíxose público o relatorio “Estado de Saúde Bucal en Europa 2012”. Neste relatorio establécese que a metade das persoas enquisadas a nivel europeo teñen algún tipo de problemática bucal. Aproximadamente un 30% das persoas enquisadas non acode á ou ao dentista con carácter anual e, entre estas persoas, un 40% alega motivos económicos.

Segundo as cifras publicadas por Eurostat, o Gabinete de Estatísticas da Unión Europea, en setembro de 2013 a taxa de desemprego na Zona Euro foi de 12,2%. No Estado Español, para ese período, considérase que foi de 26,6%. Estes datos son suficientemente expresivos. Se utilizarmos o indicador AROPE (At Risk Of Poverty or social Exclusión), a taxa de poboación en situación de exclusión e/ou risco de pobreza sitúase no 27,3% da poboación. Estimouse que como consecuencia da crise económica, 12 millóns de persoas viven en situación de Pobreza e Exclusión. Este 27% da poboación española é o destinatario final do traballo das Clínicas Dentais Solidarias.

Mais non só esas persoas. As reivindicacións que se realizan desde a Fundación beneficiarían a poboación en conxunto, pois que suporían un aumento das coberturas odontolóxicas do Sistema Público de Saúde.

Pin It on Pinterest

Share This
X