Rede de voluntariado

As persoas voluntarias son a base e a alma da Fundación. Co seu traballo podemos atender as usuarias e usuarios das clínicas.
As persoas voluntarias dedican as súas horas de traballo a atender as usuarias e usuarios, escollen os períodos do día que mellor se adecúan aos seus horarios persoais, e están adscritas a algunha das clínicas da Fundación. A representación do voluntariado recae na/o Delegada/o Social da clínica, que é unha voluntaria ou voluntario con esta misión e funcións:
- MISIÓN:
- Dinamización e cohesión do voluntariado local para O.S.
- Articulación co conxunto da organización
- FUNCIÓNS:
- Representación do voluntariado local
- Colaboración activa co equipo técnico
- Coordinación coa persoa responsable de voluntariado de O.S.
Podes coñecer a opinión dalgunhas voluntarias e voluntarios clicando aquí.
Queres facer parte do voluntariado de odontoloxía solidaria?
Delegados sociais das clínicas
As delegadas e delegados de clínica exercen a súa función durante un ano, renovable.

Sandra Rabuñal
Clínica OS A CORUÑA
Delegada Social

Lara Vivero
Clínica OS MADRID
Delegada Social

Dra M. Dolores Cuenca
Clínica OS Albacete
Delegada Social

Marisol Velarde
Clínica OS FUENGIROLA
Delegada Social

Rosa María Tarragó
Clínica OS ZARAGOZA
Delegada Social

Alba Murillo
Clínica OS GRANOLLERS (BCN)
Delegada Social

José Sanchis
Clínica OS VALENCIA
Delegado Social
O voluntariado está conformado por profesionais de: estomatoloxía, odontoloxía, asistentes/as de enfermaría, hixienistas, estudantes, administrativas/os…
Existe, dentro do web, un apartado para a coordinación entre o voluntariado e para a remisión de opinións e suxestións.
Cada ano organízase unha reunión xeral co voluntariado das diversas clínicas para avaliar o traballo realizado e mellorar no futuro, coincidindo coa asemblea xeral.
