Premio OD Solidària

En 2006, e coa intención de recoñecer o labor de quen efectuaran accións sanitarias en beneficio das persoas con dificultades para acceder á saúde bucodental, Odontoloxía Solidaria instituíu o Premio ODS, ao que poden optar persoas físicas ou xurídicas de España e o estranxeiro.

Até a altura, recibiron o Premio ODS:

  • Dr. D. Ismael Tárraga López (2019) pola súa colaboración incondicional coa clínica solidaria de Albacete, do programa de Castilla la Mancha.

  • Consejo General de Dentistas de España (2016), como recoñecemento ao labor que leva a cabo a organización colexial promovendo o recoñecemento público das clínicas solidarias.

  • O Dr. Jesús Rueda García, Coordinador de Programas de Saúde Bucodental do Servizo Estremeño de Saúde (2015), como recoñecemento do seu labor ao crear e pór a andar o Plano de Atención Dental para Discapacitadas/os Intelectuais (PADDI), unidade de referencia neste segmento no Estado español
  • Fernando Aguiló, Irmán Superior da Orden Hospitaleira de San Xoán de Deus (2014), polo seu labor en favor da odontoloxía en Serra Leoa.
  • O padre franciscano Josep Costa como presidente da (2013), pola contribución desta entidade radicada en Badalona en favor da saúde bucodental das persoas economicamente máis desfavorecidas.
  • Ajuntament de Granollers (2012), pola cesión do local que acolle a clínica de Odontoloxía Solidaria nesa cidade catalá.
  • Proclinic (2011), polo apoio continuado ás organizacións non gobernamentais que traballan no ámbito da saúde bucodental.
  • O Colegio de Odontólogos de Navarra (2010), polo seu constante apoio aos obxectivos e valores de Odontoloxía Solidaria.
  • A Federación Autismo Castilla y León (2009), pola súa loita para conseguir atención bucodental a persoas con Desordes do Espectro Autista (DEA) e outras discapacidades no sistema público da Comunidade Autónoma.
  • A Xunta de Estremadura (2008), polo seu apoio á acción social de Odontoloxía Solidaria en proxectos de cooperación internacional, e polo seu programa de atención bucodental a persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma.
  • José María Renilla e Mercè Morató (2007), que presidiron, respectivamente, Odontoloxía Sen Fronteiras e Odontoloxía Solidaria, entidades que acabaron fusionándose.
  • Blanca Gómez de Balujera (2006), pola cesión da primeira clínica de Odontoloxía Solidaria que comezou a operar en Madrid en 1994.

O galardón consiste nunha escultura de bronce, co emblema da entidade, elaborada polo escultor valenciano Luciano González Díaz.

Pin It on Pinterest

Share This
X