En Odontoloxía Solidaria encaramos con optimismo o próximo 2014, en que se cumprirán vinte anos da fundación da nosa entidade, e para o que está proxectada a posta en marcha de dúas novas clínicas: en Galicia e Andalucía.

En febreiro inaugurarase a nova Clínica Cuarto Mundo da Fundación Odontoloxía Solidaria na Coruña. Situada nun local cedido pola Deputación, a nova clínica contará nunha primeira fase con tres persoas a traballar, que poderán atender unhas dez persoas pacientes por día; cando o local estiver a pleno rendemento, traballarán nela dez persoas que atenderán medio cento de pacientes por día.

No momento de redactar esta nota, avanzan a bo ritmo as negociacións para facer posible outra Clínica Cuarto Mundo, esta vez na localidade malagueña de Fuengirola. Segundo o proxecto que se está a ultimar, e para o que contamos co apoio do Colexio de Odontólogas/os de Málaga, cando a nova clínica estiver totalmente operativa abrirá en horarios de mañá e tarde, podendo atender unhas vinte persoas pacientes por día.

Pin It on Pinterest

X