Como xorde?

Desde Odontoloxía Solidaria sempre se concibiu o traballo solidario desde un punto de vista global e sentímonos comprometidas e comprometidos con todas as persoas que non teñen acceso a uns servizos odontolóxicos que lles permitan levar unha vida sa e completa.
Cómpre destacar que Odontoloxía Solidaria encadra a súa actuación na denominada odontoloxía social e comunitaria, que entende que a atención básica inclúe: empastes, endodoncias, limpezas, próteses removibles e raspados.
Por esta razón, desde o ano 1994 comezamos o noso traballo solidario coa apertura dunha sede en Granollers. Pouco a pouco foron abríndose clínicas noutros territorios do Estado.
Datos apertura de novas clínicas
Programa en Madrid
Clínica Dental Solidaria Madrid: comezou a súa actividade en 1994.
Programa en Cataluña
Proxecto SOPS: iniciado en 1998, en Badalona. Desenvólvese en colaboración coa Fundació Acollida i Esperança. O colectivo de actuación é de persoas portadoras do VIH.
Programa en València
Clínica Dental Solidaria València: comezou súa actividade en 1999. O seu ámbito de actuación é autonómico.
Programa en Cataluña
Clínica Dental Solidaria Dr. Oriol Muntanya en Granollers: inaugurada en 2002. O seu ámbito de actuación é autonómico.
Programa en Aragón
Clínica Dental Solidaria Zaragoza: comezou a traballar en 2013. Está no Hospital San Juan de Dios. É un programa de ámbito autonómico.
Programa en Andalucía
Clínica Dental Solidaria Fuengirola: Inaugurouse en 2014.
Programa en Galicia
Clínica Dental Solidaria A Coruña: Inaugurouse en 2015.
Queres coñecer as nosas clínicas?
Cooperación internacional
Cando xa varias das nosas clínicas estaban a funcionar, no ano 2006 quixemos abrir o noso traballo ao ámbito internacional, e grazas ao contacto coa Fundación Manhiça comezamos a traballar en Mozambique, na provincia de Manica, co apoio dunha odontóloga mozambicana e cun traballo fundamentalmente centrado na Información, Educación e Comunicación.
Estabamos a desenvolver o noso traballo no Estado Español, abrindo novas clínicas, e á vez a implementarmos o proxecto de Mozambique, en pleno funcionamento, cando en 2009 recibimos a chamada do Irmán Superior do Hospital de Sant Joan de Déu de Barcelona, Fernando Aguilló, para avaliarmos a posibilidade de realizar un proxecto de formación, prevención e asistencia en saúde bucodental no St. John of God Hospital da cidade de Lunsar, en Serra Leoa.
No ano 2015 a nosa directora estratéxica fixo unha viaxe a Marrocos, ao municipio de Tetuán, e coñeceu a Asociación Hanan para a Protección de Crianzas con Discapacidade. Neste primeiro contacto xurdiu a idea de apoiar as persoas con discapacidade a través da asociación e comezando polas crianzas e persoas novas, que reciben formación e educación na escola.