Rede de voluntariado

Ao longo da historia desta Fundación, máis de 3.300 persoas dedicaron máis de 190.000 horas de traballo altruísta. Os voluntarios son a base e alma da Fundación, a través do seu traballo voluntario podemos atender aos usuarios das clínicas.
Os voluntarios dedican o seu horario de traballo á atención dos usuarios, escollen as franxas horarias que mellor se adaptan aos seus horarios persoais e son destinados a algunha das clínicas da Fundación.
Os voluntarios son profesionais de: estomatoloxía, odontoloxía, auxiliares de enfermaría, hixienistas, estudantes, administrativos…
A representación do voluntariado nas clínicas correspóndelle ao Delegado Social da clínica, voluntario que ten as seguintes misións e funcións:
- MISIÓN:
- Dinamización e cohesión do voluntariado local para O.S.
- Articulación co conxunto da organización
- FUNCIÓNS:
- Representación do voluntariado local
- Colaboración activa co equipo técnico
- Coordinación coa persoa responsable de voluntariado de O.S.
Podes coñecer a opinión dalgunhas voluntarias e voluntarios clicando aquí.