Para quen traballamos?

Por que, problemática a resolver.

Potenciamos os proxectos nas nosas comunidades, onde a necesidade é moita e está pouco cuberta polo sistema sanitario público.

É por esta razón que temos clínicas solidarias onde atendemos persoas sen recursos, en risco de exclusión social, todas elas derivadas polos Servizos Sociais Públicos.

Odontoloxía Solidaria aplica aqueles tratamentos que a Seguranza Social non cubre. Tratamentos enfocados ao saneamento da cavidade bucal, como limpezas de boca, curetaxes, empastes, endodoncias e a restauración da función mastigatoria con prótese removible.

Por tanto, serán derivadas á Seguranza Social as extraccións e as radiografías panorámicas.

Non se atenden urxencias, que deben acudir á Seguranza Social. Atendemos as nosas e nosos pacientes sempre con cita previa.

Non se trata de duplicar esforzos, senón de cubrir un déficit existente.

Odontoloxía Solidaria non aplica tratamentos estéticos, ortodónticos nin implantes.

Todos os tratamentos son realizados por profesionais que traballan de forma voluntaria e gratuíta.

As e os pacientes pagan unha cantidade simbólica de 12€ por visita.

Paralelamente, facemos formación para a preservación da saúde bucodental, a través da sensibilización de diversos colectivos, organizando palestras e cursos, e participando en congresos.

Pin It on Pinterest

Share This
X