Que facemos?

Odontoloxía Solidaria é unha entidade sen fins lucrativos que xorde en 1994 para traballar no campo da saúde bucodental, co obxectivo último de mellorar a saúde oral das comunidades máis desfavorecidas, desenvolvendo as súas actividades tanto no ámbito estatal como no internacional.

As principais tarefas que se desenvolven na Fundación son:

  • A promoción da saúde e hixiene bucodental a través da educación (palestras informativas en escolas, centros sociais e para colectivos que o demanden)
  • O tratamento de usuarias e usuarios en diferentes clínicas solidarias situadas en diversas cidades, co obxectivo de reivindicar perante as autoridades e o conxunto da nosa sociedade o dereito universal á saúde oral.

Cos nosos programas de atención e prevención mostramos a viabilidade e sustentabilidade das nosas accións: instamos as Administracións Públicas a satisfaceren as necesidades dos colectivos máis necesitados, cubríndoas, empregando os recursos do Sistema Público de Saúde de forma tan eficaz e eficiente como sexa posible.

As nosas accións en ningún caso queren substituír a sanidade pública nin a privada na prestación de servizos senón, pola contra, fomentar a súa implicación na procura de solucións a unha problemática que afecta moitas persoas.

Pin It on Pinterest

Share This
X